martes, 24 de novembro de 2009

O Concello descoñecía a existencia do mausoleo nazi en San Amaro

«Colleunos de sorpresa», recoñecían onte fontes municipais.

La Voz de Galicia, 22-11-09

Ninguén no Concello coruñés coñecía a existencia do mausoleo nazi do cemiterio de San Amaro. «Colleunos de sorpresa», recoñecían onte fontes municipais. Pero agora que saben da presenza desas tumbas prometen estudar o asunto. Avaliarán a necesidade ou non de retirar as esvásticas do camposanto que, aínda que non estean á vista, si poderían atentar contra a Lei da Memoria Histórica. Polo momento, terán que ir visitar esas tumbas, que aínda non o fixeron; e logo levar o caso á mesa dos responsables que se ocupan de enterrar todos os símbolos da ditadura, ocupados en cambiar nomes de rúas.

Este mausoleo está oculto entre dúas paredes levantadas logo de 1944, que é cando se cre que se enterrou a varios soldados alemáns baixo placas de mármore nas que aparece unha aguia e a esvástica. Foi erixido polo consulado alemán na Coruña para enterrar aos seus caídos en combate. Chegaron a existir 16 sepulturas, entre elas as dos oito tripulantes do submarino U.966 que o Exército británico bombardeou preto de Estaca de Bares en 1943. Alí estiveron os restos mortais ata que en 1982 os levaron a un cemiterio alemán en Cáceres.

Ningún comentario:

Publicar un comentario