domingo, 3 de xaneiro de 2010

Cuba a través da Habana


EFE- Galicia Hoxe- 3/1/10

O escritor Amir Valle (Cuba, 1967), que en 2007 obtivo o Premio Internacional Rodolfo Walsh á mellor obra de non ficción publicada en lingua española polo seu libro Jineteras, trazou unha historia de Cuba, centrándose na súa capital, en La Habana. Puerta de las Américas (Almed). Vall ilixiu para o seu libro o mesmo título que lle dera á cidade o capo mafioso norteamericano Meyer Lansky na década dos 50, a porta das Américas, aínda que foron moitos os que quixeron bautizar á Habana, como o científico alemán Alexander von Humbolt, que a chamou cidade da intelixencia americana, ou como, máis recentemente, o escritor Antonio José Ponte, que se referiu a ela como "unha cidade en ruínas".Valle inicia a súa obra coa lenda do nome da cidade, debida á belísima princesa india que atoparon os primeiros conquistadores españois que pisaron a illa, os cales, ó preguntarlle o seu nome, obtiveron por resposta: "Habana", o que deu orixe ó nome da cidade colonial de San Cristóbal da Habana. A cidade tivo que rexurdir varias veces das súas propias cinzas, polo que Valle efectúa fai un percorrido desde a fundación da cidade ata a actualidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario