luns, 8 de febreiro de 2010

Marcha neonazi no 65 aniversario do bombardeo aliado sobre Dresde


EFE- Galicia-Hoxe 7-2-010

O Tribunal Administrativo de Dresde (leste de Alemaña) autorizou onte a manifestación de signo neonazi convocada para o próximo 13 febreiro, en ocasión do 65 aniversario dos bombardeos aliados sobre a capital saxoa poucos meses antes da fin da Segunda Guerra Mundial. A cámara respondeu así ó recurso presentado por unha organización xuvenil, considerada aglutinante dos ambientes ultradereitistas da rexión, e que aspira a concentrar para a xornada uns 6.000 seguidores.

Con iso revogou a resolución das autoridades de Dresde, que pretendían autorizar unicamente unha concentración nun lugar previamente acordoado, co argumento de que unha marcha pola cidade implicaba graves riscos de disturbios entre neonazis e contramanifestantes de esquerda. A noite do 13 ó 14 de febreiro de 1945 a cidade foi vítima dunha operación de castigo por parte da aviación aliadas que lle custou a vida a unhas 35.000 persoas e arrasaron boa parte da capital saxoa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario