domingo, 7 de febreiro de 2010

A nova película de Aranda reflicte unha “España violada pola ditadura”


O filme 'Luna caliente' a súa trama en pleno Proceso de Burgos

Xornal.com 05/02/2010

Vicente Aranda estreará o próximo venres a súa última película, Luna caliente, unha metáfora da España “violada pola ditadura”. Eduard Fernández e Thais Blume desatan os seus instintos nunha cinta que o cineasta quixo situar no ano 70, en pleno Proceso de Burgo. Emilio Gutiérrez Caba, José Coronado, Carla Sánchez e Héctor Colomé completan o reparto da película.

Luna caliente, con guión de Aranda a partir da novela homónima de Mempo Giardinelli, conta a historia de Xoán –encarnado por Eduard Fernández–, un poeta que traballa na Unesco en París e que regresa a Burgos a pasar unhas vacacións. Un vello amigo, o doutor Muniente –interpretado por Gutiérrez Caba– invítao a cear á súa casa. Alí coñecerá a súa filla Ramona –papel de Blume–, unha sensual rapaza que fará brotar os seus instintos máis básicos. Aranda recoñeceu que o autor de Luna Caliente realizara no seu libro unha metáfora de Arxentina de 1977. O director español quixo traer a historia a España e realizar a súa propia metáfora dunha “España violada pola ditadura”.

O director achégase nesta cinta a un momento delicado da historia de España que viviu na súa propia pel. Aranda, que estivo encerrado durante tres días no Mosteiro de Montserrat no que o réxime franquista encerrou a máis de 300 intelectuais, buscou “realizar unha película testemuñal”.

Non obstante, Vicente Aranda interesouse pola obra de Giardinelli non só polas reflexións políticas. O director de películas como Juana, la loca, Carmen ou La pasión turca confesou que, ao ler a novela do mexicano, lembrou o “Doctor Jeckyll e Mr. Hyde de Stevenson pola sinxela razón de que a violencia sempre xera monstros”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario