venres, 26 de marzo de 2010

Coas miradas desde a altura dun neno

Unha mostra amosa na Coruña o traballo de 40 fotógrafos sobre os dereitos dos nenos

  • Currently 0.00/

Galicia Hoxe

Fotografía de Sandra incluída na mostra do Colexio de Avogados da Coruña FOTO: Axencias
Fotografía de Sandra incluída na mostra do Colexio de Avogados da Coruña
FOTO: Axencias

Corenta escenas estremecedoras de violencia conforman A 1,20 metros: os dereitos da infancia vistos desde a súa altura, unha mostra que se exhibe no Colexio de Avogados da Coruña. O valor testemuñal destas obras refléctese a través momentos e vivencias de moi diversas temáticas relacionados cos dereitos da infancia, ven reforzado polo peculiar enfoque que aporta. O elemento común a todas estas imaxes é o punto de vista: o fotógrafo debía situarse "física e simbolicamente" á altura dun neno ("a 1,20 metros"), para captar o mundo; amosando o positivo e mais o negativo, desde a mirada dun neno.

Na mostra participan 20 fotógrafos recoñecidos e dos 20 finalistas do concurso convocado en 2009 polo Consejo General de la Abogacía Española e pola súa Fundación, en colaboración coa Escuela de Fotografía EFTI e a ONG Espíritu Social, con motivo do 50 Aniversario da Declaración dos Dereitos do Neno.

A mostra -que xa se exhibiu en Madrid- percorrerá un total de 48 cidades e entre as primeiras atópanse as 7 sedes galegas, a instancias do Consello da Avogacía Galega. Tras A Coruña, pasará a Ferrol.

Ningún comentario:

Publicar un comentario