luns, 7 de xuño de 2010

Falece ós 84 anos Rosa Coutinho, o "almirante vermello"


Integrou a Xunta de Salvación Nacional tras o levantamento contra Salazar

EFE

O almirante portugués António Rosa Coutinho, integrante "da Revolución dos Caraveis" de 1975 e ó que se coñecía como "o almirante vermello", faleceu onte ós 84 anos vítima dunha longa enfermidade, informaron fontes oficiais. Rosa Coutinho, cuxo alcume provén da súa atribuída afinidade á esquerda marxista, integrou a Xunta de Salvación Nacional logo da noite do 25 abril do 74, cando un levantamento militar provocou a caída da ditadura portuguesa, que comezara en 1926 baixo a xefatura de Antonio Oliveira Salazar. O almirante luso tamén participou en Angola no proceso de descolonización precipitado pola revolución e foi nomeado Alto Comisario neste país africano ata a firma dos Acordos de Alvor en xaneiro de 1975, selado entre o Goberno portugués e os tres principais movementos de liberación angoleños.

No período posrevolucionario chegou a coordinar un dos principais servizos de información e a Lexión Portuguesa. No entanto, Rosa Coutinho, que pasou á reserva pouco despois do 25 de abril, viviu gran parte da súa carreira embarcado, período no que foi capturado por unha misión de patrulla e procura no río Zaire.

O Partido Comunista de Portugal (PCP) lamentou profundamente a morte do "almirante vermello" e destacou nun comunicado que "desaparece unha das figuras máis relevantes" do 25 de Abril e que os portugueses perden "un aliado e un amigo".

Ningún comentario:

Publicar un comentario