mércores, 1 de setembro de 2010

Os indios de John Karl Hillers


Galicia Hoxe, 10-8-2010

Unha serie de retratos fotográficos de indios estadounidenses realizados no século XIX polo fotógrafo alemán John Karl Hillers será posto á venda en Londres pola casa Bonhams.Hillers emigrou coa súa familia en 1852 á idade de 9 anos a Estados Unidos, onde combateu xunto ás forzas dos estados do Norte (a Unión) na Guerra de Secesión (1861-65). Tras deixar as forzas armadas en 1870, coñeceu en Salt Lake City o home que lle cambiou a vida, o explorador e antropólogo John Wesley Powell, do que foi axudante como fotógrafo nas súas expedicións. Nas últimas dúas décadas do século XIX, viaxou por todo o oeste de Estados Unidos onde realizou un traballo caracterizado polo seu achegamento sensible cara á imaxe e a identidade dos nativos. Hiller simultaneou esta actividade coa de asesor da Oficina Estadounidense de Etnoloxía, á que lle deixou uns documentos de gran valor historiográfico sobre unha sociedade ó bordo da extinción.

Ningún comentario:

Publicar un comentario